Kalender

Vigo pola paz e a democracia. Non ao fascismo.

Das Ereignis

Vivimos un momento decisivo. En Europa e no mundo medran discursos de odio, autoritarismo e recorte de dereitos que pensabamos superados. A historia ensinounos que o fascismo non xorde de súpeto: avanza cando a democracia se debilita, cando a desigualdade se normaliza e cando o medo substitúe á razón.

Fronte a esta ameaza, respondemos con unidade, firmeza e esperanza.

A paz non é unha palabra baleira: é un compromiso activo coa convivencia, co respecto ao dereito internacional, coa resolución política e democrática dos conflitos e coa defensa incondicional dos dereitos humanos.

A democracia non consiste só en votar cada catro anos. Democracia é garantir liberdades, protexer as minorías, fortalecer os servizos públicos e asegurar condicións de vida dignas para a maioría social.

Por iso, este martes 3 de marzo de 2026, ás 19:30 h, no cruce de Vía Norte coa rúa Urzaiz, Vigo ergue a voz pola paz e a democracia. Convocamos unha manifestación unitaria na que organizacións, colectivos e cidadanía diversa nos atopamos no esencial.

Queremos dicir alto e claro: non hai espazo para o fascismo en Galicia.

DIEM25 en Galicia forma parte desta convocatoria porque cremos nunha Europa democrática, social e solidaria. Porque sabemos que a defensa da democracia comeza nas nosas cidades. Porque non chega con indignarse: é tempo de organizarse.

A historia non a escriben quen mira cara a outro lado, senón as persoas comprometidas que dan un paso á fronte.

Vémonos nas rúas de Vigo.

Únete.

Contactos:

696 983 948 (Óscar)

682 164 333 (DIEM25 Galicia)

[email protected]

Contacta, participa na organización, asiste á manifestación, colabora e difunde.

Vémonos nas rúas de Vigo.

Únete.

Teléfonos de contacto: 

696983948 (Óscar)

682164333 (Teléfono de Diem25 en Galicia)

Correo electrónico: [email protected]

Contacta e participa na organización e asiste á manifestación. Colabora e difunde!.

Organizacións convocantes: Amigos das árbores, Amigas da Terra, Amnistía Internacional, Foro Socio-Educativo “As Ninguéns”, Asociación Cidadá Galega Fernando Hoyos, Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública, Ateneo Atlántico, Asociación de Veciños do Calvario, Asociación de Veciños de Lavadores, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Comisión Obreira (CC.OO.), Confederación Intersindical Galega (CIG), Confederación Xeral dos Traballadores (CGT), Colectivo Cultural Pertenza, Colectivo Rexurdir Galicia, Colectivo Cidadá Propalestina, Comunidade de Montes de Lavadores, Central Unitaria de Traballadores (CUT), Diem 25 en Galicia, Distopías 18, Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde, Esquerda Unida, Federación de Asociacións de Veciños FAVEC, FOANPAS, Foro Cívico, Greenpeace, Irmandade Obreira de Acción Católica (HOAC), Lucenza, Ateneo de Nigrán, Memoria, Verdade e Xustiza, Modepen, Movemento  SUMAR GALICIA, Asociación Cidadá Gallega no Ollo do Furacán, Parar a guerra, Oxfam Intermón, Parroquia Cristo da Vitoria, Partido Comunista de Galicia (PCG), Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG), Plataforma Somos Elas Galicia, Podemos Galicia, PSdeG-PSOE, Recortes Cero, Sindicato de Inquilinas, UTEG, Unión Xeral de Traballadores (UGT), Un mundo sen guerras e sen violencia, Verdes Equo, Xustiza e Sociedade.

Möchtest du über DiEM25's Aktionen informiert werden? Melde dich hier an.

Wann
03/03/2026 @ 13:30 - 13:30 EST
Wo
Cruce de Vía Norte con Urzáiz en Vigo @ Vigo, Spanien
Veranstalter
Galicia Collective Contact
Zielgruppe
Öffentlich, bis zu 5000 Teilnehmende
Sprache
Galego (Galician)
Zweitsprache
Español (Spanish)
Art der Veranstaltung
Demonstration

Ort

Cruce de Vía Norte con Urzáiz en Vigo

Cruce de Vía Norte con Urzáiz.